III Cumio da Plataforma Sindical de Nacións sen Estado

73

Os días 9 e 10 de novembro celebrarase en Rennes na Bretaña, a IV Asemblea Xeral da Plataforma Sindical de Nacións sen Estado (PSNSE). A CUT como integrante desta organización internacional, estará presente neste importante evento que reunirá a sindicatos de Europa, América, África e Oceanía, co común denominador de ser organizacións sindicais de nacións oprimidas. 

As Asembleas Xerais da PSNSE celébranse aproximadamente cada tres anos. A última tivo lugar en febreiro do ano 2010 en Brissogne no Val da Aosta. A anterior que foi onde a Plataforma dotouse dun marco estatutario que deu lugar á formalización desta internacional, foi en Portichio (Aiacciu) na illa de Córcega no ano 2007. E a I Asemblea Xeral celebrouse en maio do 2004 en Donostia, organizada por LAB, onde se sentaron as bases para a fundación desta internacional dos sindicatos de nacións sen estado. En todas e cada unha das Asembleas Xerais estivo presente a CUT como sindicato membro. Teñen confirmada a súa presencia a esta Asemblea Xeral da PSNSE, as seguintes organizacións sindicais: LAB de Euskal Herria, SVAT de Val de Aosta, UGTM da Martinica, CSC-I de Catalunya, STC de Corcega, CSS de Sardinga, USTKE de Kanakia, IC das Illas Canarias, UGTG de Guadalupe, UTG de Guayana e o sindicato anfitrión SLB da Bretaña.