III CONFERENCIA NACIONAL

55

O 29 de outubro celebraremos unha nova Conferencia Nacional baixo o lema “FIANDO O SINDICALISMO DE CLASE”. Será na cidade de Compostela, no Instituto Xelmirez I, dando comezo ás 10 horas e tendo por hora final as 13:30 horas. A asistencia ten como único requisito ser afiliado ou afiliada á CUT, sendo a data tope para rexistrarse o día 21 de outubro en calquera local da CUT. Nos vindeiros días aportaremos máis información.