I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas pola Dignidade

105

O vindeiro sábado 26 de abril, ás 10h, celebrarase na Casa Común de Oza, no Concello de Teo, unha asemblea nacional aberta da Columna Galega das Marchas pola dignidade co fin de valorar o traballo desenvolvido ata o de agora e debater o programa de acción futura.

O éxito atinxido o pasado 22 de marzo en Madrid non pode ser unha mera mostra de resistencia testemuñal, debería ser máis ben o comezo dunha campaña de mobilizacións masivas encamiñadas a cambiar definitivamente de réxime, a reverter as políticas destrutivas das condicións de vida da clase obreira galega.Por esta razón, a Columna Galega das Marchas pola Dignidade convoca unha xuntanza aberta en Teo o vindeiro sábado co fin de analizar o feito ata o de agora e de estudar as vindeiras accións que deberiamos levar adiante, desde o convencemento de que o futuro da clase traballadora galega hase conquistar unicamente na rúa mediante a loita.Nesta ligazón, a organización das Marchas pola Dignidade en Galicia ofrece a posibilidade de reservar unha praza nun cos autobuses que achegarán ata Teo desde as principais cidades galegas a todas aquelas persoas que queiran participar nesta I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas.Nestoutra ligazón, podes consultar o horario e os lugares de saída dos buses.