I asemblea aberta da ILP: colabora connosco como fedataria!

261

Na tarde de onte tivo lugar a I Asemblea Aberta para botar a andar a ILP pola consolidación do emprego no ámbito público galego. Nesta xuntanza, á que acudiron un centenar de afectadas pola pertpetuación do abuso de contratación temporal das administración públicas, incidiuse na importancia desta Iniciativa Lexislativa Popular e na necesidade de levar a debate ao espazo parlamentario da Rúa do Hórreo a situación de precariedade de milleiros de traballadoras e traballadores galegos, lexislar para solventar esta fraude laboral e dirimir responsabilidades nos gobernos da perpetua crise social.

Por todo isto, dende a CUT pedimos a colaboración dos asistentes e facemos un chamamento amplo a todas aquelas persoas que queiran recoller sinaturas. Precisamos como mínimo 10.000 para que a iniciativa sexa tratada no Parlamento. Por iso, se queres participar na recollida envía ao correo empregopublico.cutgaliza@gmail.com a seguinte documentación para converterte en fedatario/a (responsable de recollida):

Una vez remitida toda a documentación, recibirás un correo confirmando a súa recepción. Indícanos tamén un teléfono de contacto para avisos posteriores e a túa zona/administración de recollida de sinaturas.

Ademais, abrimos tamén un foro de encontro aberto permanente no grupo de Telegram ILP CONSOLIDACIÓN. Se queredes unirvos para estar máis informadas, só tedes que premer na seguinte ligazón: https://t.me/joinchat/2AEO_-0eBK85MTlk

Pola consolidación do emprego público e o cese do abuso: colabora!