A posición da CUT de apoio e solidariedade ao respecto do proceso revolucionario bolivariano que ven tendo lugar dende hai vinte e cinco anos en Venezuela, sempre foi absolutamente clara. Ningunha tea de araña politiqueira ou ideolóxica foron quen de confundirnos sobre o que veu acontecendo nese país irmán nos últimos lustros.
“O noso apoio sen dúbidas e sen descanso á Venezuela veu e está fundamentado na nosa crenza de que o proceso iniciado por Hugo Chávez Frías no ano 1999 representa os intereses da maioría social dos e das venezolanas.”
Efectivamente, o noso apoio sen dúbidas e sen descanso á Venezuela veu e está fundamentado na nosa crenza de que o proceso iniciado por Hugo Chávez Frías no ano 1999 representa os intereses da maioría social dos e das venezolanas. Da clase traballadora, das clases populares, dos excluídos pola burguesía rentista petroleira. Nós dende o sindicalismo de clase dicimos que a trincheira da Revolución Bolivariana hai que defendela a morte.
Estamos certas ademais que, ao par desa maioría social que representa o movemento bolivariano, existe a outra Venezuela minoritaria; a da politiqueiría e burguesía criada e recreada ao redor do Pacto do Punto Fijo. Minoría apátrida profundamente racista e clasista que pretendeu e pretende arrastrar a sectores populares mediante o odio.
A criminal intervención fascista do exército ianqui en Venezuela e o secuestro do Presidente Nicolás Maduro Moros, non é analizable descoñecendo a historia pasada e tamén a recente de Venezuela. A democracia venezolana non é nin moito menos perfecta, pero en gran medida as súas eivas veñen debuxadas pola inxerencia americana dende o minuto un da chegada ao poder de Chávez.
“Os milleiros de medidas de boicot, bloqueo e sabotaxe aplicadas á Venezuela non foron capaces de dobregar ao goberno da República Bolivariana nin ao seu pobo heroico.”
Os milleiros de medidas de boicot, bloqueo e sabotaxe aplicadas á Venezuela non foron capaces de dobregar ao goberno da República Bolivariana nin ao seu pobo heroico. Intentaron que o pobo se revelase pola vía da fame e hoxe o país é autosuficiente na produción alimentaria. Intentárono no ámbito electoral e fracasaron por moito esperpento montado nas últimas eleccións presidenciais.
O imperialismo cos seus lacaios dentro da Venezuela teñen intentado de todo dende 1999: o Golpe de Estado do 2002, o paro patronal petroleiro, as guarimbas, o acoso financeiro e bancario, o bloqueo comercial xeneralizado, actos de terrorismo incluído o intento de asasinato de Maduro. Fracasadas os milleiros de medidas de acoso contra o pobo venezolano, dende o pasado mes de agosto chegou o bloqueo naval e finalmente a intervención criminal do día 3 de xaneiro.
” Venezuela hoxe, como Palestina, como Cuba, son a punta de lanza da causa obreira e popular internacional fronte todas formas de opresión capitalista; o fascismo, o sionismo e o imperialismo.”
Quen non queira entender o que ocorre en Venezuela é porque non quere ou ben porque foi atrapado polo discurso alienante das camadas fascistas. Si, dicimos ben, non podemos equivocarnos coas queixas, cos lamentos de xentes que pertencendo aos sectores populares –sexan cidadáns venezolanos/as ou migrantes galegos- acabaron nas gadoupas do relato lexitimador da invasión e do asesinato.
O vindeiro sábado día 10 ás 12 da mañá imos estar en Compostela cos galegos e galegas de ben para berrar en solidariedade coa Venezuela Bolivariana, para denunciar forte e claro a actuación criminal de EUA e dos seus cómplices. Imos estar en Compostela para esixir a liberación do Presidente Nicolás Maduro Moros e de Cilia Flores.
É un deber inaprazable para a xente de ben estar con esta causa xusta. O imperialismo ten fame, o capitalismo é un sistema agónico pero morrerá matando. Venezuela hoxe, como Palestina, como Cuba, son a punta de lanza da causa obreira e popular internacional fronte todas formas de opresión capitalista; o fascismo, o sionismo e o imperialismo.
TODOS E TODAS A COMPOSTELA O PRÓXIMO SÁBADO 10 DE XANEIRO ÁS 12 DA MAÑÁ.
A NOSA SOLIDARIEDADE CON VENEZUELA!!
LIBERDADE PARA NICOLÁS MADURO E CILIA FLORES!!












