Hoxe ás 19h, concentración solidaria cos detidos do 22M

42

Hoxe ás 19h celebrarase en varias cidades galegas unha concentración solidaria cos compañeiros detidos onte en Madrid na Praza de Colón e mentres tiña lugar a manifestación legalmente autorizada pola administración. Entre os detidos atópanse dous compoñentes da Columna Galega.
Os lugares onde terán lugar as concentracións son os seguintes:Ourense: na Subdelegación do Goberno.Vigo. na Farola de Urzaiz.A Coruña: no Canton Grande.Compostela: Praza do Toural.