Historico de negociacions dende o convenio 12

84

Breve resume dos documentos negociados neste últimos catro anos que supuseron perda de dereitos económicos e sociais.Estes documentos fan referencia a medidas coxunturais, e que polo tanto toca negociar dentro do convenio.

1.Convenio 2012-2015:

Oito reunións, dende o 24 de Xaneiro de 2012 ata o 1 de Marzo. Asinase o 7 de marzo. O convenio componse de 50 artigos. Mais dous anexos: o Código de Conduta Laboral, e o Sistema de Clasificación Profesional.

2.Medidas excepcionais de Flexibilidade 2012:

Tres reunións dende o 11 ata o 23 de abril. Asinan FSI, UXT e CCOO; o 26 de abril. Modifica a redacción do Convenio, a Disposición Transitoria.

3.ERE 2013 (negociouse en 2012):

Duas reunións, no ano 2012, a primeira o 21 de novembro. Asinase por FSI, UXT e CCOO, o dia 5 de decembro.

4.Medidas Complementarias de Competitividade 2013:

Dúas reunións, o 5 de febreiro e o venres 15 de febreiro. Se asina o 19 de febreiro por UXT, CCOO e SITC.

5.Medidas economicas e organizativas de acompañamento industrial 2013:

Catro reunións dende o 9 abril, ata o 17 do mesmo. Asinan FSI, UXT e CCOO o día 23.

6.Sistema Clasificación Profesional 2013:

Catro reunións, tres reais, dende o día 8 de xullo (que foi un mero tramite constituinte) ata o 18. Asinan SIT, UXT e CCOO; o dia 23. Este acordo afecta o articulado recollido no Convenio Colectivo, de feito repártese unha nova edición do Convenio con ditas modificacións.

7.ERE 2014 (negociouse en 2013):

Dúas reunións, o 4 de decembro e o 11 de decembro de 2013. E o asinan o 18 de decembro UXT e SITC.