Historia e lingua: a nosa identidade

19

A afiliación da CUT temos unha cita o vindeiro sábado, 8 de febreiro, no local nacional da CUT en Compostela nunha xornada de formación titulada “Historia e lingua: a nosa identidade”.

O obxectivo deste encontro é coñecermos de onde vimos, cal é a nosa historia e cal é a nosa fala, así coma a súa importancia na construción da nosa identidade individual e colectiva como clase traballadora. 

Na xornada, prevista de 10 a 13:30 h, participarán o historiador Anselmo López Carreira e as filólogas Ana Salgado e O Leo, que compartirán con nós os seus coñecementos e perspectivas.

Dende a Central Unitaria de Traballadoras chamamos a todas as afiliadas a asistir a esta formación para seguirmos aprendendo e construíndo Xuntas.