Hermetismo de Política Social sobre a reapertura das escolas infantís

240

A catro días da implantación da fase 1 nada se sabe dos protocolos a seguir das traballadoras e traballadores das escolas do primeiro grao de educación infantil.

Política Social, ante as nosas peticións de información ao respecto, pídenos tranquilidade.

Sería unha insensatez pola nosa parte estar tranquilas. Como podemos desenvolver os coidados das crianzas, neste contexto covid-19, cando sabemos que nestas idades precisan máis que nunca dos nosos afectos?

Consideramos precipitada esta decisión, que conleva un risco para as crianzas, familias e persoal das escolas, cando sabemos que a medida do distanciamento social nestas crianzas de idade é completamente imposíbel.

Mentres non haxa absolutas garantías para a reapertura, solicitamos o mantemento do peche ao igual que o resto de centros educativos