Os xornais dos últimos días dábannos a noticia, que en realidade non é nada fora do previsible: secuestro de nenos en Haití, orxías da delegación portorriqueña, violacións, os alimentos e axudas que non chegan… Nada fora do previsto. A hipocrisía dos altofalantes do capitalismo non ten límite. A campaña de “solidariedade” desatada desde os distintos países do Mundo, salvo rarísimas excepcións son en realidade campañas mediáticas para consumo interno, cando non enmarcadas na cortina de fume que ampara a ocupación militar ianqui deste país caribeño.Efectivamente a ocupación militar de Haití con 16.000 marines, ademais de persoal de loxística, intendencia e intelixencia ao igual que as novas bases militares en Colombia, forman parte do novo deseño xeoestratéxico de EE.UU., para apremar máis a soga sobre Venezuela e Cuba, os fachos anti-imperialistas máis senlleiros de América Latina.Os traballadores/as non debemos deixar que nos engaiolen con falacias. Mentres as “heroicas” delegacións dos países ricos van desaparecendo de Haití, levando debaixo do brazo as reportaxes das súas fazañas, mentres teñen calorosos recibimentos nas metrópoles, os médicos e demais persoal cubano seguen en Porto Príncipe salvando vidas, e tratando as enfermidades dos haitianos e haitianas, como o fixeron todos os días do ano, con, ou sen terremoto.