HAI QUE ACABAR COS EXPLOTADORES, OUTRO SISTEMA É POSIBLE

73

(Manifestación conxunta coa CGT)Como todos sabedes, o estado español acaba de pedir un crédito de cen mil millóns de euros para salvar a banca. Non piden eses cartos para salvar a educación e a sanidade pública, tampouco os pediron para crear empresas públicas produtivas nas que poidamos ter un traballo digno. Pídenos para salvar a banca dos especuladores do ladrillo, a banca dos directores con xubilacións millonarias, a banca da corrupción política que se fixo de ouro naqueles tempos nos que o ministro de economía de Felipe González, Carlos Solchaga, presumía de que España era o país de Europa onde máis rápido podía chegar un a rico.Estes bancos, que nos anos dourados privatizaban as súas ganancias entre os seus accionistas e a elite que os dirixía, vai socializar agora as súas perdas sobre toda a clase traballadora, que vai quedar endebedada polos próximos cincuenta anos, e que vai ter que renunciar a dereitos que custou anos, séculos de loita conquistar: a educación e a sanidade pública, as pensións, os nosos cada vez máis cativos dereitos laborais…Isto só ten un nome: corrupción política, complicidade absoluta entre os que nos gobernan e o os mercados, nunha palabra: Capitalismo. E nós, a Central Unitaria de Traballadores e demais organizacións obreiras dignas e combativas estamos hoxe aquí na rúa para dicirlle a este goberno corrupto que non llo imos permitir.Porque, compañeiros, a culpa do que está pasando non é da Merkel, como se nos quere dicir estes días, a culpa é do propio sistema que xa non funcionaba antes de 2008. Porque un sistema baseado no consumismo e no crédito é un sistema abocado ao fracaso. A nosa loita, por tanto, non pode ser só puntual e limitada a defender os dereitos e o futuro que cada día nos usurpan, a nosa loita está tamén dirixida a construír un mundo novo na que a economía,a  riqueza, estea posta ao servizo de toda a sociedade.Compañeiros, a loita de clases segue en marcha, e o que estamos a vivir estes días non é outra cousa que un episodio máis desa longa batalla que fai avanzar ou retroceder a Historia. De momento son eles, os capitalistas, os mercados, a patronal, os que nos levan vantaxe nesta loita, pero téñennos medo, pánico. Por iso fan coincidir os seus ataques con cortinas de fume como a Eurocopa, e téñennos medo porque somos a maioría, somos a maioría e estamos empezando a comprender que hai unha guerra contra nós en curso e que a nosa única alternativa é loitar ou converternos en servos, en escravos con dereito a voto.Compañeiros, a clase obreira en loita é invencible, e por iso dicimos:Viva a loita obreira e sindical!