Grupo Pescanova: a crónica dun escándalo anunciado

72

A CUT convoca unha asemblea dirixida a traballadoras e traballadores de Pescanova este sábado 20 de abril ás 17 horas na sede de Vigo (Urzaiz 71).
Xa hai máis dun mes que o grupo empresarial Pescanova saltou á actualidade co anuncio do Preconcurso de Acreedores. Desde ese momento, todo se converteu nunha telenovela a capítulos: venda ilegal de accións de directivos, desfase e ocultación de contas, solicitude de cadea para o Consello de Administración feita polos accionistas minoritarios e, o que é máis grave, a manipulación sen escrúpulos pola Dirección d@s traballador@s. Feito este último, non menos grave que o protagonizado polos traballador@s que caeron na trampa tendida pola patrona.Diante da gravísima realidade á que a Dirección da Empresa levou a este grupo empresarial, a CUT ten convocados a tod@s @s traballador@s a unha asemblea aberta para este sábado en Vigo, para analizar a situación actual e as consecuencias laborais previsibles para o colectivo.Esta central sindical mantivo, ate o momento, prudencia á hora de facer valoracións públicas sobre o escándalo Pescanova. Nunca nos moverá a motivación protagonista a costa da desgracia dos traballador@s, sobre todo para afirmar incongruencias, papel que lle deixamos a outros axentes “sindicais”. Chegado a este estado de cousas, agora si, @s traballador@s temos que falar.Chegado a este estado de cousas, reafirmámonos na traxectoria sindical mantida pola CUT no Grupo Pescanova, de defender a ultranza os dereitos dos traballador@s, sen caer na trampa das apostas e dos intereses dos voitres da patronal. Para algúns todas son sorpresas, para a CUT non. Se houbese honestidade alguén tería que rescatar o que esta central ten anunciado, ó respecto da política de expansión de Pescanova, xa non falemos da “mina de ouro” da acuicultura. Estamos falando de hai dez anos, revisemos as hemerotecas.Algúns pretenden explicar inxenuamente o “escándalo Pescanova”, ou o mellor sen tanta inxenuidade, para así xustificar o seu papel de capataces da patronal, como un asunto derivado da conduta irresponsable do presidente do Consello de Administración, ou tamén na loita entre grupos do accionariado. Aínda que fai un mes, concentráronse na factoría para renderlle pleitesía ó petrucio “que nos dá de comer”. Pero o problema é outro e non se reduce a iso. A situación de Pescanova é sobrevida, ten o perfil común ás estratexias de acumulación das empresas capitalistas. Ese é o problema de carácter sistémico. Manuel Fernández e adláteres enganaron á Administración, enganaron á Banca acreedora, enganaron ós accionistas, enganaron ós traballador@s, pero todos eles deixáronse enganar. Enganaron a todo o mundo, porque o marco legal establecido permite que os golfos fagan o que lle pete, mentres meten na cadea a que roubou unha galiña para comer.Existe unha gran similitude no perfil fraudulento do escándalo no grupo empresarial do Sr. Fernández de Sousa, co acontecido no xigante enerxético ianqui Enron Corporation, fai algúns anos. Tamén daquela a complicidade no fraude contable da auditora Arthur Andersen, fixo posible o medre fulgurante daquel castelo de naipes que acabou desaparecendo, deixando a máis de corenta mil traballador@s na rúa.Este sábado, ás 17 horas, convocamos @s traballador@s do grupo a unha asemblea aberta que se celebrará no salón de actos da sede da CUT en Vigo.