O sábado 16, baixo a lenda Sindicalismo en movemento, desenvolveuse unha xornada de debate da afiliación da CUT no auditorio do Centro Social de Vite, en Compostela.Organizada en catro grupos que trataron ao redor da acción sindical, a formación, a organización e os movementos sociais, sometéronse a debate os pasos que a CUT debe dar para avanzar nun contexto no que o sindicalismo de clase está condenado a entenderse con outras entidades sociais que dan a batalla pola dignidade e a xustiza obreira dende moitas frontes.Quedan pendentes de publicación as conclusións da xornada. O compañeiro Xabicas realizou ao longo da xornada un relato fotográfico do encontro que se pode consultar aquí: : GALERÍA DA CONFERENCIA NACIONAL “SINDICALISMO EN MOVEMENTO”.
Acción Sindical
Mobilizacións no CHUS de Compostela contra os incumprimentos de convenio
As traballadoras da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario De Santiago de Compostela, servizo externalizado a través da empresa concesionaria Ilunión, comenzaron hoxe de novo...