O 15 de decembro de 2010, o noso compañeiro Miguel Nicolás Aparicio foi apresado e, tras 72 horas de incomunicación, trasladado á cadea da Lama onde permaneceu ata a súa dispersión en marzo a Villabona (Asturias), onde segue a día de hoxe. Telmo Varela foi detido en vésperas do día da Clase Traballadora Galega deste 2011, tendo sido dispersado tamén en xullo ao C.P. La Moraleja en Dueñas (Palencia). Desde a Central Unitaria de Traballadoras/es entendemos que a represión contra Telmo e Miguel non é un feito illado no contexto de crise sistémica. Moi ao contrario, constitúe a única resposta que, nesta fase do capitalismo, pode ser artellada contra a iniciativa obreira que ataca os seus alicerces frontalmente. Para amosar a nosa solidariedade cos compañeiros detidos, dispoñibilizamos os seus enderezos actuais en prisión onde podemos enviarlles palabras de forza e ánimo: TELMO VARELA FERNÁNDEZ – C.P. LA MORALEJA, MÓDULO Nº8. CTRA.LOCAL P.120. 34210, DUEÑAS (PALENCIA). MIGUEL NICOLÁS APARICIO – C.P. VILLABONA, MÓDULO Nº8. LLANERA 33480. ASTURIAS. Para as aportacións económicas, a nosa central sindical ten aberta unha conta desde a detención de Miguel Nicolás: NOVACAIXAGALICIA SUCURSAL COIRO-CANGAS
TITULAR: CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES/AS
NÚMERO: *2080 0079 90 0040012053*