MAÑÁN VENRES DÍA 27, ÁS 21 HORAS
CONCENTRACIÓN FRONTE Ó CONCELLO DE CANGAS
Como se tiña acordado na anterior convocatoria da CUT do pasado día 13, a partir de agora todos os venres ás 21 horas, haberá concentracións fronte o Concello de Cangas.Estas convocatorias serán abertas a todos os colectivos laborais e sociais que sofren a situación provocada pola crises capitalista, e todos aqueles e aquelas conscientes, que so coa mobilización xeral seremos quen de rematar con esta conxuntura de sufrimento. Por iso dicimos; Tod@s á rúa!!As receitas dos gobernos da Xunta e de Madrid, seguen ó pe da letra o libreto marcado polo capital financeiro. As recentes medidas aldraxantes para a clase traballadora e os sectores populares, non van quedar aí. O actual sistema tocou teito, e a única maneira que lles queda para salvalo, é a través do saqueo e de converter en escravos a maioría social. Todo e tod@s estmos en perigo, ninguen se salva de ser atacado nos seus dereitos.Desde a CUT chamamos a toda clase traballadora do Morrazo, á xuventude, ós estudantes, ós pensionistas, ós estafados pola banca, a todos aqueles e aquelas que pensamos que outro sistema é posible, ós que pensamos e aspiramos á xustiza social e a democracia real.
Cangas, 26 de xullo de 2012