As mutuas están a asumir no día de hoxe o papel de policía, tendo por obxecto vixiar os presuntos culpábeis, é dicir, os traballadores e traballadoras de baixa. Resulta que collemos baixas por accidente de traballo ou enfermidade común para estar na casa, ou gastando a inxente cantidade de cartos que gañamos nos nosos respectivos postos, dilapidamos as nosas interminábeis fortunas en vidas de luxo e luxuria sen a máis mínima vergoña, e por iso teñen que vixiarnos estes honrados señores…O pasado 14 de xuño, no diario El País, aparece unha información ben curiosa sobre estes honrados señores, en concreto sobre FREMAP, esa gran mutua que xestiona os nosos accidentes poñendo en dúbida que sexan tales. Di o titular:COCHES DE LUXO, DIETAS, MARISCO E VIAXES CON CARGO Á SEGURIDADE SOCIAL Emprego reclama a Fremap que devolva 43 millóns de cartos públicos gastados indebidamente. A mutua, que non ten ánimo de lucro, recorre aos tribunais para rebaixar esas cantidades.Non require moito comentario, tan só facer fincapé en que a Mutua só pretende rebaixar a cantidade, non defenderse da acusación, o que significa que recoñecen a súa indignidade e que só teñen por finalidade falar dos cartiños.A Seguridade Social reclama á mutua de accidentes que devolva 43,2 millóns de euros de cartos públicos que entre 2006 e 2011 gastou indebidamente en dietas, viaxes da xunta directiva e parellas, coches de luxo, marisco…Estas mutuas xestionan cotizacións á Seguridade Social para atender, sobre todo, accidentes e baixas laborais. Agora entendemos todo, como non van vixiar as nosas baixas se non hai cartos para cubrilas? E por que non hai cartos? Porque teñen que gastalos nesas malas vidas que levan.En fin, o único que podemos dicir, e por vergoña allea, é que as empresas cun mínimo de ética deberían cancelar os contratos con estes impresentábeis. Nós non confiamos neles nin naqueles que lles dean protección cos nosos cartos e traballo