Os líderes sindicais dos sindicatos estatais maioritarios reuníronse en secreto, o domingo 19, co presidente Zapatero, resulta agora que, despois de facerse pública a reunión desde fontes do goberno, os sindicatos aínda hoxe non recoñecen tela feito.Esta é a política sindical que fixeron até agora, a filosofía de “ é mellor un mal acordo que non ter acordo” foi o faro que guiou a súa acción sindical até o momento, se fai falla axeonllarse non importa, calquera cousa que faga que, neste momento, non sexa necesaria a folga xeral para eles é contemplada como unha solución.Vese que na situación actual e, polas presións do capital, o goberno non ten marxe de manobra e non ofreceu ese pequeno cravo ao que amarrarse que buscaban os sindicatos pactistas para non ter que convocar mobilizacións.Entre o xeito de facer política sindical destes dous sindicatos e o que defendemos desde a CUT, hai unha distancia abismal. Mantemos desde o noso sindicato que, previamente a calquera negociación, hai que tensar as forzas para demostrar ao interlocutor, neste caso o goberno, a capacidade de acción dos traballadores/as, tamén propugnamos que a transparencia debe guiar toda a acción sindical. Qué sentido ten reunirse en secreto cun goberno que manifesta, un día si e outro tamén, que aplicará as políticas antiobreiras “caiga quien caiga”?.Non se poden permitir actuacións desta índole ao marxe e ás costas dos traballadores e traballadoras. Tampouco se poden dilatar máis as accións encamiñadas a modificar as políticas que se van a poñer en marcha desde o goberno. Unha das críticas máis xeneralizadas entre as traballadoras/es ás accións emprendidas contra a reforma laboral foi a súa extemporaneidade pois cando se realizou a folga xeral xa se aprobara facía meses.Non confiamos nos sindicatos estatais, por iso reclamamos en varias ocasións ao sindicato nacionalista maioritario que asumise a súa condición e convocase, como se fai nalgunha outra nación do estado, a folga nacional que a clase obreira galega reclama. Non tivemos éxito o sindicato nacionalista maioritario fixo deixazón da súa condición e, desde fai tempo, ten unha política seguidista das dinámicas que marcan os sindicatos estatais maioritarios.Hai que convocar xa a folga xeral e poñerse a traballar para que, polo menos, teña tanto éxito como a realizada o 29 de setembro. Tampouco se pode convocar unha mobilización dun día e despois “descansar”, as medidas de presión deben ser contundentes e continuadas no tempo, non podemos dar tregua ao goberno e ao capital para que sigan precarizando a nosa vida. FOLGA XERAL INDEFINIDA XA!