Seguimos sen noticias dos sindicatos da mesa para a emulación do acordo que si loitaron e asinaron na CRTVG para a fin da temporalidade.
Tampouco temos resposta para organizar mobilizacións conxuntas tras o chamamento público e privado feito onte ante un novo insulto da Consellería.
A CUT continúa co calendario decidido en asemblea e convoca a todo o profesorado temporal e tamén ao definitivo, nun exercicio pleno de solidariedade obreira, a secundar a FOLGA rexistrada para o martes 3 de Maio por esta Central Unitaria de Traballadoras, na defensa da consolidación de todo o cadro de persoal docente. A Consellería citounos xa este venres para a negociación dos servizos mínimos.
Chamamos tamén á participación na concentración e mobilización nesa mesma mañá dende o Parlamento da Galiza (12.00).
Por último, convidamos a todas as afectadas a unha asemblea aberta ás 10.00 na Casa Obreira (CUT Compostela) para informar e acordar accións de presión inmediatas.
O desprezo e burla cara os docentes cunha oferta de 0 a 5 prazas en moitas das especialidades a consolidar non responde máis que a un novo órdago da Consellería ao seu persoal, nun perpetuado exercicio de depauperamento dos servizos públicos.
Xunta e sindicatos teñen na súa man o fin da nosa precariedade.