En asembleas celebradas nos centros de frío de PESCANOVA en Chapela e Porriño, vén de acordarse a convocatoria de paros parciais o mércores 27 de marzo de 12 horas a 14 horas, de 15 a 17 horas e de 23 a 1 horas. Estes paros veñen motivados pola negativa de PESCANOVA a garantir os postos de traballo do frío que van subrogar na empresa de loxística ALC.
demandamos que se nos garanta o emprego de todos e todas as afectadas no caso de que ALC decida prescindir de persoal durante a devandita subrogación
Dende a CUT xa tiñamos claro que o obxectivo dos propietarios (os bancos) de NUEVA PESCANOVA ESPAÑA non é outro que ir vendendo a empresa a trozos para recuperar cartos. Nada importa que as persoas leven vinte ou trinta anos traballando. Trasladámoslle tamén á dirección de PESCANOVA que os consideramos responsábeis subsidiarios de todo o que lle poida acontecer aos nosos compañeiros; este é o motivo polo que demandamos que se nos garanta o emprego de todos e todas as afectadas no caso de que ALC decida prescindir de persoal durante a devandita subrogación.
A plantilla respalda os paros nun 100% e, no caso de non chegar a un acordo, os paros trasladaránse á factorías de produción de Chapela e Porriño.