Folga na CRTVG: defender o de todas con ética e dignidade

107

A Central Unitaria de Traballadoras a través das persoas responsables da secretaría xeral, acción sindical e internacional acompañamos hoxe ás traballadoras da Corporación Radiotelevisión de Galicia e ás nosas representantes desa sección sindical para darlle folgos e sostelas na súa folga indefinida na defensa dos medios públicos de todas as galegas.

“As traballadoras da CRTVG son un exemplo de resistencia e loita para lograr uns medios que cumpran coa súa misión de servizo público e que contribúan á nosa construción como país.”

O secretario xeral, Ricardo Castro, chamou a defender a ética e a palabra como valores para a transmisión dunha información veraz, esenciais para a nosa construción como sociedade e clase obreira fronte á patronal e ao capitalismo.

As traballadoras da CRTVG son un exemplo de resistencia e loita para lograr uns medios que cumpran coa súa misión de servizo público e que contribúan á nosa construción como país.

As nosas forzas estarán sempre do lado das que coa súa loita defenden o de todas.

Forza e resistencia para unha CRTVG pública e plural!