Folga indefinida nos asteleiros A Xunqueira (Moaña)

134

Os traballadores de Industrias Navales A Xunqueira, S.L., de Moaña, comezaron hoxe unha folga indefinida logo de 5 meses sen cobrar os seus salarios e de que a empresa comunicase o despedimentos de 5 compañeiros, dun cadro de 18 traballadores.

A primeira xornada de folga foi secundada pola totalidade do persoal agás 2 familiares do propietario.

Esta tarde manterán unha xuntanza coa dirección da empresa.