Folga indefinida en SANTOS: por un salario digno!
Cun seguimento medio do 80% do persoal afectado polo Convenio, empréndese a segunda xornada de folga indefinida na madeireira de Boqueixón Santos, Cocina y Baño SL. Despois de varios anos sen que a patronal se sente á mesa do Convenio Provincial, coas condicións económicas e sociais fosilizadas, o cadro de persoal optou pola posta en adamento dunha folga con carácter indefinido, demandando melloras sociais e salariais na empresa.O Comité, composto pola CIG, a CUT e CCOO (que se apartou da convocatoria), non ten disposición ningunha a dar marcha atrás. Moito menos logo dos diversos intentos por abrir unha vía de negociación e de obter como resposta da empresa que o que lle preocupa non é unha suba salarial, senón ter que sentarse a negociar co Comité. Segundo a empresa o cadro de persoal pretende responsabilizar da parálise do Convenio Provincial á madeireira de Boqueixón, obviando pola súa vez que cun cadro total de 200 traballadores e traballadoras é unha das dúas principais empresas da provincia, con responsabilidade absoluta na aniquilación da negociación provincial.Esta mañá celebrouse unha segunda sesión de negociación finalizada coa actitude rotunda por parte da Dirección de non dar ningún paso adiante. Nestes momentos transcorre no interior da empresa unha asemblea de traballadores e traballadoras multitudinaria.