Finou Luis Redondo, fundador da CSI de Asturies

159

No día de onte morreu aos oitenta anos, o histórico dirixente sindical asturiano Luís Redondo.

Luís Redondo foi fundador da Corriente Sindical de Izquierdas (C.S.I.) de Asturias, e Secretario Xeral da mesma desde 1981, data do nacemento deste sindicato, ata 1998, cando foi substituído por Cándido González Carnero.Cando era un emigrante en Alemania afiliouse en 1958 ao Partido Comunista de España, e foi un dos fundadores das primeiras CCOO durante a ditadura franquista, rachando, máis adiante, co reformismo sindical que penetrara Comisións para fundar a C.S.I. O compañeiro Redondo tivo ademais un papel moi relevante nas mobilizacións dos traballadores do sector naval xixonés.Desde a CUT transmitimos o noso pesar solidario e obreiro con este gran sindicalista desaparecido, e militante incansable na causa obreira.