FINALIZOU A FOLGA EN PROCSA-ALFRÍO

109

O venres chegouse a un acordo entre o Comité de Traballadores e Traballadoras e a representación empresarial, acordo ratificado pola asemblea con 46 votos a favor, dúas abstencións e un voto en contra. Este acordo pon fin á folga convocada que tivo como resultado o paro total da produción o pasado xoves día 18 de agosto. O acordo acadado inclúe as pretensións económicas propostas polo Comité tras debate e aprobación da asemblea, sendo a suba deste ano dun 3% e para o 2012 o 2% máis un incentivo de 20 euros. Unha vez máis quedou claro que a unión dos traballadores e traballadoras é o camiño máis firme para conseguir os nosos obxectivos. Dende aquí facemos pública a nosa felicitación a todos e todas as que secundaron a folga e animamos aos esquirois a que reflexionen si merecen a suba salarial.