FEIRA INTERNACIONAL DO EMPREGO: O CIRCO DO CAPITAL

85

Diante do espectáculo mediático do Capital, ao redor da II Feira Internacional do Emprego celebrada en Compostela os pasados mércores e xoves, a CUT decidiu distribuír centos de exemplares dunha voandeira que dispoñibilizamos a seguir. Non causaron sorpresa as diversas denuncias que traballadoras e traballadores fixeron chegar a este sindicato sobre a existencia de ofertas de emprego enganosas ou mesmo caducas. En suma, toda unha montaxe para que a mesma administración que condena á fame ao pobo traballador se retratase diante da prensa. Compartiron tamén stand, coa patronal, os sindicatos amarelos CCOO e UGT, que lexitimaron coa súa presenza esta farsa do Capital.Voandeira.”Un dos grandes éxito da patronal e os seus gobernos foi facernos crer que as desempregadas/os e traballadores/as en activo somos dous sectores en conflito, con intereses confrontados. Iso permitiulles estaren tranquilos, coa tesoira nas mans, apertando a soga que afoga a toda a clase traballadora, mentres a maioría das persoas desempregadas non participabamos das mobilizacións e das folgas xerais.Agora tocounos a nós. Redución da contía de desemprego ao 50%, supresión do Plan Prepara para desempregadas en situacións precarias, desaparición do subsidio especial para maiores de 45 anos, retraso do subsidio para os maiores de 52 ano aos 55, endurecemento das condicións de acceso á renda activa de inserción, etc. En suma, máis de 13.760 millóns de euros de recorte a costa de reventar as nosas vidas. Isto, mentres agasallan con millóns e millóns de euros á Banca e ás empresas privadas responsables desta crise.Logo, montan auténticas feiras de gando, por exemplo, a Feira Internacional de Emprego que se celebra en Compostela estes días. E nesas feiras de gando, os grandes mercaderes do Capital, a súa patronal, as súas policías e exércitos, os seus bancos e as súas administración rinse do noso sufrimento, da nosa miseria. Xogan connosco nun grande espectáculo que non serve para nada máis do que para unha foto na prensa na que eles rin e nós escondemos a nosa vergoña.Sabemos que a decisión é dura, pero chegou o momento de enfrentarse. Ou eles, ou nós compañeiros e compañeiras. É a hora da loita obreira. De poñerlle coto á súa voracidade nas rúas. De loitar polas nosas fillas e fillos, por nós. Polo futuro de cada traballador ou traballadora honesta que xa se cansou de tanta explotación para nin sequera poder vivir unha vida digna.A CUT é un sindicato sen subvencións, galego, asembleario, democrático, que se sostén cos seus propios recursos porque só así se poden defender os intereses de todas e todos nós sen ataduras. É imprescindible afiliarse, unirse a outros compañeiros e compañeiras para loitar. Queremos que
este sindicato sexa o lugar de encontro das e dos que xa non queren calar máis. Das traballadoras e traballadores sen medo. Das e dos que queren axudar a construír un mundo mellor para as e os que veñen. Precisamos unha, dez e mil folgas xerais. Mans á obra, daquela! Afíliate!