Faurecia en defensa da saúde laboral

212

Os compañeiros de Faurecia Asentos, continúan coa loita e defensa dos seus
dereitos laborais,dereitos que estarían a ser demolidos por las políticas opresoras
postas en práctica en primeiro termo pola multinacional PSA e levadas o extremo
polas súas filiais, que a través do seu plan de implantación de “medo” tentan manipular a conciencia dos traballadores/as e así conquerir seus obxectivos económicos e estruturais ,claro está a conta da perda de poder adquisitivo de todos/as nos, e o que e pior, atentando contra nosa SAÚDE.
Pois ben, nunha empresa nova coma esta, cunha media de idade en consecuencia,
temos un problema de SAÚDE realmente impactatante se temos en conta que
nunha plantilla coma a de ADG, con pouco mais de 300 persoas en plantilla, temos a
incrible cifra de mais de 40 persoas con doenzas e limitacións orixinadas polo
traballo, os altos índices de produtividade e a escasa inversión en I+D, a total
negativa da empresa a sentarnos e falar do problema, a súa alianza cos sindicatos
sinantes deste “convenio” CGT, CCOO, UGT ,a complicidade coa empresa por parte
de “VIXILANCIA DA SAÚDE” (ÓRGANO INDEPENDENTE, LEMBRAMOS, E
CONSCIENTE DESTE PROBLEMA QUE PASA POLAS SÚAS DEPENDENCIAS A
DIARIO),e por último, e non menos chamativo, “INSPECCIÓN LABORAL“,que
desoe totalmente as queixas e chamadas de atención, que dende a parte social
vimos alertando de fai moito tempo.

E por isto que os delegados da CUT en ASENTOS DE GALICIA,          convocan unha protesta ante VIXILANCIA DA SAÚDE, sita nos locais de FREMAP, na rúa ARQUITECTO PÉREZ BELLAS NÚMERO 7, o luns día 6 de XANEIRO, en horario de maña, de 10 a 11 horas ,e desta maneira dar resposta a unha situación que resulta xa insostible , onde mais que nunca necesitamos unha resposta sindical inmediata, e unha chamada a conciencia obreira.

A LOITA CONTINÚA. .