Faurecia Asientos de Galicia incumpre os descansos legais

376

A Inspección de Traballo de Pontevedra, por iniciativa do Comité de Traballadoras/es de FAURECIA, ASIENTOS DE GALICIA, vén de iniciar un expediente sancionador contra a ETT RANDSTAD EMPLEO S.A. por non respectar o descanso obrigado entre quendas de traballo.

A sanción vai dirixida á empresa de traballo temporal, pero a “inductora” de tal falta é FAURECIA, pois debido á súa organización do traballo marcada pola explotación e a falta de respecto ás persoas traballadoras obriga a solapar unhas quendas de traballo con outras. O que vén de facer Inspección de Traballo é recoñecer que esta empresa, e os seus colaboradores necesarios, actúan ilegalmente con total normalidade, e é así porque pensan que debemos estar ao seu servizo vintecatro horas ao día os 365 días do ano.

A CUT, como parte do Comité, non o vai consentir!