8M: Fartas de ser invisibles. Cambiaremos todo!

248

O capital e o patriarcado conseguiron que o 8M perdera todo o seu significado e que a súa historia xa non importe. Está asumido coma un día festivo máis, un día pasado por chapa e pintura para deconstruílo ata perder toda identidade.

Igual fixeron coa palabra feminismo. Igual coa palabra dereitos. Igual co significado dos coidados. Pero seguimos aquí para rescatar todo aquilo que o patriarcado e o capital manipula ata estragalo.

Non olvidemos que 8M é unha data con maiúsculas na axenda de todas nós. Inda que nos atopemos cansas de loitar, esgotadas, e moitas veces sen alento, maltratadas e sentíndonos invisibles, pensando que xa non podemos máis coas condicións que este sistema nos impón. Pero seguimos aquí, e seguiremos, e loitaremos, e poderemos con todos os intentos de manipulación e lavados de cara que se lle poñan a este día, que para nós, é a base de todos os nosos dereitos. Non permitiremos que se borren da historia todas as nosas reivindicacións.

Sabemos que facendo do 8M un día festivo se lle resta loita e se invisibiliza a súa historia. Sabemos que todo o que o capital toca o blanquea, violentándonos de novas maneiras mentres que pareza que nos botan unha man.”

Que non nos pense o patriarcado caladas e sumisas. Que non confunda o esgotamento con retirada, porque non nos rendimos nunca. Que non pense que nos cremos as súas manipulacións. Somos moi conscientes, e non por cansas estamos durmidas. Sabemos que facendo do 8M un día festivo se lle resta loita e se invisibiliza a súa historia. Sabemos que todo o que o capital toca o blanquea, violentándonos de novas maneiras mentres que pareza que nos botan unha man. Mais sabemos que esa man vai ó pescozo, e que cada vez apreta mais. Pero seguiremos loitando coas forzas que nos queden.

Roubáronnos o significado do 8M e están a buscar que a palabra coidados non signifique nada. Sabemos que o pasado xaneiro, nun novo xogo de manipulación o goberno de Rueda deulle unha patada á palabra coidados.

Unha patada coa que deixa magullado todo o sistema da dependencia e a todas as que sosteñen os seus coidados, insultando tanto a aquelas que exercen coidados formais e informais, denigrando a súa labor pese a que sexa a que sostén a vida. Un ano máis esiximos que se poñan os coidados e a vida no centro.

Sabemos perfectamente o que se está a facer cos servizos de discapacidade e dependencia, e esgótanos que se empreguen como un sistema de cuantificación de votos, manipulando e agochando a realidade.”

Basta xa de manipulación! Sabemos perfectamente o que se está a facer cos servizos de discapacidade e dependencia, e esgótanos que se empreguen como un sistema de cuantificación de votos, manipulando e agochando a realidade. Unha esmola non serve para dignificar o servizo, e iso é o que o goberno de Rueda fixo: substituir os servizos reais de coidados por un puñadiño de cartos que non son dabondo para as que sempre acarrexamos con peso dos coidados. Se política social pensa que coidar é equiparable a prestar 416€ ó mes é que a palabra igualdade dentro da consellería lle queda grande e que a palabra coidados non significa nada.

O que di Política Social é que con este cambio lexislativo de reparto de esmolas as persoas en situación de dependencia poderán custearse un servizo de coidados. O que non di a Consellería de Política Social e Igualdade é que pretende pagar a eiva no desenvolvemento persoal, a desprotección social e laboral para quen exerce os coidados con esa esmola.

Di Política Social que así todas as persoas en situación de dependencia estarán atendidas. Pero o que agocha a Consellería de Política Social e Igualdade é que con esa esmola evitarase investir en recursos reais de atención ás persoas que os precisan e facilitarán un proceso de privatización dos coidados. Quere dicir a Consellería de Política Social e Igualdade que non son necesarias residencias, centros de día e servizos de atención ó fogar de caracter público, que lles sae máis rentable ofrecer ofertas precarias a adxudicatarias mantidas con fondos públicos que topan negocio a través do maltrato ás persoas usuarias e da precarización das traballadoras. Quere dicir a Consellería de Política Social que unha esmola é dabondo a cambio de empobrecer, precarizar, desvalorizar, desprofesionalizar e privatizar (máis) os coidados.

As coidadoras informais, coma sempre, somos e seremos invisibles para as políticas sociais, pese a ser necesarias e indispensables para soster a vida.”

O que quere dicir a Consellería de Política Social e Igualdade é que xa estamos nós, as de sempre, traballando de balde, entregando a nosa vida para que eles se lucren. Quizá o quere dicir a Consellería é que as mulleres, pese a ser a base de todo o sistema, non temos valor entanto ós coidados non se lles poidan sacar rédito. Para o sistema de consumo os coidados teñen que reducirse a ter un valor productivo, a que poidamos mercalos co fin de capitalizalos. Para esta Consellería se os coidados non se poden capitalizar, non significan nada.

As coidadoras informais, coma sempre, somos e seremos invisibles para as políticas sociais, pese a ser necesarias e indispensables para soster a vida.

É certo que hai días que nos pesa a realidade, que os coidados nos saturan, que as violencias que exercedes sobre nós nos maltratan e deixan polo chan. Pero non pensedes, nin por un segundo, que non sabemos o que estades a facer. Estamos fartas; e non hai emoción máis poderosa que a indignación, porque a indignación é capaz de cambiar todo. O 8M xa non é o que era, e deixástesnos esgotadas, pero volveremos con máis forza, e coa nosa forza cambiaremos todo.