Fartas das contratas de servizos públicos

446

As traballadoras do servizo de limpeza do Hospital Clinico de Santiago de Compostela concentráronse na entrada do edificio en protesta polo trato que reciben por parte das empresas privadas ás que se lles adxudica o contrato.

A primeiros de decembro de 2017 saíu a empresa adxudicataria do servizo (CLECE) para entrar unha nova (GRUPO NORTE), pero as penosas condicións laborais das traballadoras non mudaron en absoluto: elas seguen a pagar as consecuencias da privatización dun servizo público.

Rescatar a contrata e xestionar directamente o servizo suporía un aforro contioso, tal e como leva anos afirmando o mesmo Consello de Contas da Xunta de Galicia en diversos informes. Nada xustifica pois esta subcontratación, agás a corrupción e a prevaricación para repartirse os cartos públicos entre uns poucos delincuentes.

É escandaloso que co diñeiro que pagamos cos nosos impostos, estas empresas se dediquen sistematicamente a incumprir os dereitos laborais das traballadoras (negación de asuntos propios, non recoñecemento de acordos asinados no AGA, non subrogacións das traballadoras, nóminas mal pagadas,etc…).

Alén de todo isto, todas estas empresas incumpren os pregos ao non substituir ás persoas de baixa, co que incumpren coas presencias comprometidas nos concursos públicos.

Rescatar a contrata e xestionar directamente o servizo suporía un aforro contioso, tal e como leva anos afirmando o mesmo Consello de Contas da Xunta de Galicia en diversos informes. Nada xustifica pois esta subcontratación, agás a corrupción e a prevaricación para repartirse os cartos públicos entre uns poucos delincuentes.

Coa escusa de que é mellor, máis eficaz e máis barata a xestión privada dun servizo tan esencial como é o da limpeza, estas empresas fan o negocio de amiguetes políticos para levarse un xugoso anaco do pastel. A supervisión por parte da administración é de risa, inexistente, e ao final as que pagan estes chanchullos son as traballadoras e, como non, as usuarias e usuarios, todas nós.

non se pode pelexar por uns servizos públicos de calidade e deixar na cuneta ás de sempre, ás de limpeza, un sector feminizado case na súa totalidade.

A CUT teno claro, rescate de todas as contratas de servizos como o da limpeza porque non se pode pelexar por uns servizos públicos de calidade e deixar na cuneta ás de sempre, ás de limpeza, un sector feminizado case na súa totalidade.

Seguirán as concentracións e esixiremos responsabilidades. Se isto non se amaña, folga indefinida. A loita é o único camiño!