Falciani e os patriotas de cartón

84

Segundo a tradición marxista, os estados son ferramentas de opresión dunha clase sobre outra, o caso Falciani en España vén a demostrar a verdade absoluta deste principio: o roubo continuado das elites económicas españolas ao longo dos últimos anos é hoxe conspicuamente ocultada da axenda dos grandes medios en papel, por non falar xa do silencio absoluto do ministro de Facenda e do estamento xudicial español, caladiños coma petos ante o roubo flagrante dos seus iguais.Grandes banqueiros e empresarios, donos de periódicos de ultradereita, a gran patronal española, en definitiva, eses patriotas de cartón que levaban anos predicando e impoñendo as políticas asasinas de austeridade polo ben de todos, a súa Lei Mordaza contra para calar a protesta dos que pasan frío e fame, amosan agora a súa verdadeira faciana: a de seren meros ladróns e parasitos dunha clase da obreira á que, no caso dos banqueiros, levan espoliando durante anos por partida dobre: primeiro, mediante o simple exercicio da súa profesión, e despois, agochando os seus beneficios en contas opacas en Suíza. E todo isto tendo en conta, ademais, que as rendas do capital tributan moito menos que as do traballo en España.Hoxe aparece unha vez máis espida ante os nosos ollos a profunda intimidade e complicidade entre as elites financeiras, políticas e mediáticas españolas que levan décadas escribindo o guión, producindo e representando a súa comedia, esa noxenta imitación de democracia liberal que nunca tiveron intención de pór en práctica, pois sen separación de poderes e dereito á información, mesmo a súa democracia é imposible.