Externalizacion

107
Nota repartida en fábrica
Todos e todas sabemos o que é a EXTERNALIZACIÓN: Basicamente cando certas tarefas ou traballos que eran realizados polo persoal de PSA, pasan a ser realizados por traballadores/as doutras empresas ou sub-contratas, con peores condicións económicas e socias das que xa temos nós.

Con esta medida a Dirección busca reducir costes e adelgazar a plantilla de PSA: no 2010 eramos mais de 10.000 traballadores/as, no 2013 6.900, no 2014 6.000, é a finais do 2015 5.500.

Cada vez que perdemos traballos, perdemos postos para adaptar limitados/as, posibilidade de aumentar a contratación indefinida, de novacións de contrato de 4h a 8h, retirada de cláusulas de variabilidade, e un longo etc…

Pero esta Dirección tan propensa a innovación, sorprendeunos novamente na Reunión do Petit Comité do 11 de Decembro, con un punto que non figuraba na orde do día, e que parte dos