O pasado Venres 9 de Marzo, a Dirección convocou a unha representación do Comité ca presencia de todos os responsables de Ferraxe, para salvar os mobles ante o que era i é unha evidente modificación substancial das condicións de traballo. Este cambio de actitude cando non tiña previsto celebrar mais xuntanzas, quizais viuse producido en parte entre outras causas polas numerosas denuncias da CUT públicas, así como a presión dos colectivos afectados.
Dende esta Sección Sindical advertir que non nos enganen, de lonxe, estanse conseguindo os obxectivos fixados. A empresa e algún sindicato utiliza a palabra “voluntariedade” como método de adscrición a estes equipos como cortina de fume, pero ante a nosa insistencia de se esa “voluntariedade” non cubrira as necesidades empresariais cal seria o método a seguir, neste caso son rotundos: OBRIGATORIEDADE.
Co ERE a empresa xa utilizou a 4ª quenda como moeda de cambio no ano 2016, por un lado reducía plantillla con salarios e condicións consolidadas, e pola outra falaba de nova contratación para o 4º equipo. A finais de Decembro 2017 nunha nova negociación “Express” sen deixar marxe a calquera acción sindical ante a proximidade das vacacións do nadal, impuxeron un calendario laboral, e negociaron unha nova posta en marcha desta 4ª quenda regulando as súas condicións económicas e sociais (unha negociación a baixa), dos complementos que estaban en vigor e xa recortados no ano 14 que foi asinado polo SIT, UGT,CC.OO.
Agora veñen novamente a darlle outra volta de “tuerca” as condicións económicas e sociais dos colectivos de CIM/PSP e Mantemento. Este esforzo será pagado a 32€/8h brutos incompatibles con outro complemento, igualando a baixa co complemento creado para a 4ª quenda, argumentando a empresa que “sino seria discriminatorio” co que vai cobrar a 4ª quenda. Quizais a discriminación comezou en decembro de 2017 o permitir establecer un complemento inferior o que estaba en vigor polos asinantes.
Temos que parabenizar á dirección porque sempre encontra formulas para seguir recortando dereitos económicos e sociais e deste xeito aumentar o marxe de beneficios, ca tímida oposición dos que se quedan ca queixa no papel, que finalmente sempre acompañan as sinaturas do sindicato da empresa.
Non se trata de atacar a ninguén, pero criticar e asinar finalmente todo o que a empresa establece, ou non facer nada sindicalmente, dende logo é contraditorio por moitos argumentos que algúns utilicen que o retroceso das nosas condicións económicas e sociais son culpa so do SIT.
Advertir a navegantes: Por que se están modificando as nosas condicións de traballo por tramos?.
Dende logo a estratexia da empresa é lóxica utilizando o divide e venceras, fronte aos que non queren ver a realidade, ou si a están vendo pero son cómplices. Na CUT non nos consideramos máis intelixentes que ninguén, é unha cuestión de definir con quen se esta. Ou cos oprimidos, ou cos opresores seguramente a cambio de favores na contratación, categorías, novacións, etc… Ai os/as traballadores/as tamén temos moita autocrítica que facer, o individual nos fai perder mais a todos nivel colectivo.
A empresa comeza con modificacións importantes a escasos días da semana santa, tendo en conta a maiores que o Sistema 2 incluso vai parar antes dende o Venres 22 de Marzo, ata o 1 de Abril, mes no que a dirección pretende poñer a funcionar parte de ditas quendas, para evitar calquera acción sindical, non precisamente dos que se quedan no papel, senón dos que utilizamos o sindicalismo como ferramenta cando a lei non axuda.
A CUT fixo alusión se esta modificación podería darse no resto dos talleres, o que a dirección contesta: que se iría vendo co tempo, ou traducido ao noso entender a intención é continuar que o experimento de Ferraxe se instale noutros talleres. Estamos pois ante unha situación perigosa de cara o futuro, onde a nosa xornada laboral pode pasar a ser de 7 sobre 7 para todos os colectivos e quendas.
Queren sentar as bases do que pode ser o futuro desta fabrica en canto chegue o K9, e se lle sume o V20. Como abaratan custes?. Traballar agora un Sábado extra sáelle a pagar a empresa a un operario nivel 5 sobre 134€ segundo a artigo 34 do Convenio Colectivo. Facendo laborais os Sábados por exemplo e mesmo nivel salarial seria a suma do salario día traballador (60€+ complemento fin de semana 32€ = 92€).
134€ – 92€= 42€ de aforro empresarial/día. Con esta nova figura pretendida, é case o mesmo no caso de Domingos e festivos, sen entrar que establecendo quendas rotatorias na fabrica non seria necesaria tanta contratación para a 4ª quenda. Partimos da base de que neste Centro os traballos en xornada Festiva, Sábados e Domingos nas quendas do día NON ERAN OBRIGATORIAS, e agora pasan a selo. Outra cousa é a noite que xa foi hipotecada no pasado. Xa non é unha cuestión de voluntariedade que dende a CUT defendemos, senón de evitar que a flexibilidade neste Centro se instale en toda a fabrica, talleres e quendas, porque nos tememos no futuro poden chegar tamén as liñas de produción, cas bases económicas xa sentadas nesta posta en marcha en Ferraxe cas consecuencias que a nivel de conciliación da vida persoal e laboral poden carrexarnos. Non todo son cartos neste vida, pero se temos que sacrificar parte do noso tempo ca nosa familia, terá que ser a cambio dunhas condicións laborais dignas que axuden tamén ao noso benestar social i económico.
ASEMBLEA ABERTA/MERCORES 21 Local CUT Urzaiz nº 71. Entrechan dereita
Quenda de maña ás 10:30h – Quenda de tarde e noite ás 17:00h