ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS EN PROCSA-ALFRÍO.

100

O martes, mércores e xoves desta semana fixéronse as concentracións anunciadas diante de PROCSA-ALFRÍO,  o motivo non é outro que o estancamento das negociacións no convenio colectivo, onde, unha vez máis, a patronal pretende marcar unha liña de negociación inadmisíbel para a nosa dignidade. As convocatorias foron secundas, nos seus horarios respectivos, polas quenda de mañá, tarde e noite, demostrando que a clase traballadora ten todas as de gañar cando camiña xunta. A vindeira semana repetiránse as cocentracións ás 13 horas diante das oficinas e ás 18 horas diante das oficinas. Logo das vacacións iniciaranse medidas de maior contundencia.