EXECUTIVA COMARCA VIGO

73

Reflexión en alto

A Executiva Comarcal e a cabeza pensante da CUT na comarca, é o espello onde a afiliación vaise mirar, e se o espello está roto á afiliación non lle gusta o que mira, e se non lle gusta o que mira marcha. A Executiva ten que ser o elemento que organice e cree a dinámica de traballo, ten que ser o exemplo practico e teórico. Un compañeiro ou compañeira da Executiva ten que ser o primeiro en chegar as reunión e o último en marchar, ten que ser o primeiro en recoller a ferramenta para traballar, repartir, ser a cara visible,… en definitiva ten que ser exemplo no traballo, no ideolóxico e na rectitude moral. Calquera de nos que non estea en disposición clara de aceptar estes principios básicos (sexa por mirarse incapacitado/a ou por estar vivindo momentos que o afasten desta militancia) debe renunciar, por imperativo moran e honradez, a ser parte da executiva. A Executiva non pode ser un órgano burocrático ao que acudimos periódicamente para falar sen máis, sen tomar decisión e sen asumir responsabilidades, non podemos estar na executiva so por figurar nela.

Abrimos pois un periodo novo de traballo no que algún de nos asumiremos estés principios con gusto e voluntariamente (ninguén nos obriga a formar parte deste organismo). Sabemos que non todos os compañeiros/as teñen esta disposición de cara ao traballo, pero isto non quere decir que non haxa un lugar na CUT onde eles poidan aportar o seu grao de área. Cada quen ten un papel neste sindicato, e ningún e máis importante que outro.