O sábado 28 denovembro no Centro Cívico de Teis celébrase o I ECONTRO DE SINDICALISMO E MOVEMENTOS SOCIAIS, dende as 10 horas, sendo conscientes de que atravesamos unha situación de pasividade convulsa que o envolve todo. Entre a rabia e a impotencia, e no estertor de ciclos intensos pero breves de mobilización, a esquerda obreira e popular ten por diante a responsabilidade de afinar os seus instrumentos de combate, xusto cando a contraofensiva neoliberal non amaina.
Dende que no ano 2008 se escenificou unha crise máis que inminente, e que non quixemos ver, producíronse cambios a nivel lexislativo (reformas laborais, penais…) e tamén no nivel da explotación capitalista que nosdeixaron en estado de shock. Este tempo, desaproveitado para a reorganización da resposta, foi utilizado para enmascarar progresivamente o binomio explotadores-explotadas/os.
A reacción da clasetraballadora, moito menos contundente da que podiamos esperar, veudada polos movementos sociais e o sindicalismo alternativo, únicosfactores que poden condicionar un cambio nas políticas vellas e nasque se din novas. Ora ben, a pregunta que nos facemos é se con isochega.
Esta preguntalévanos a moitas outras: son efectivos os movementos sociaisdisgregados da loita de clases? É o sindicalismo un factorcondicionante dos cambios se vive apartado dos movementos sociais?Son ambos os dous modelos tradicionais de movemento social esindicalismo efectivos no actual contexto?
O I Encontropretende debater sobre estas cuestións e abrir unha físgoa deesperanza coas respostas. Dende a CUT sabemos que o modelo sindicaltradicional está limitado no tempo e, para as nosas bases, éfundamental escoitar e facer achegas para conseguir unha ponte común cosmovementos sociais e darlle ao sindicalismo un novo impulso que oconvirta en ferramenta de cambio social neste século XXI.
O Encontro é abertoa toda a sociedade porque nela está a forza reactiva para mudar estasituación, nela está a resposta de como debe ser o sindicalismo e aponte que nos una coa mobilización social.