Espírito represor? ( en Psa Vigo)

Espírito represor na Psa Vigo? Que lles molestaba? A nota ou o que dicía?

375

Estes días as noticias da prensa e medios fanse eco do espírito represor do goberno español de dereitas, que lonxe de dar solucións políticas aos problemas … usa a represión como resposta, prohibindo as reunións e os debates, incautando imprentas, carteis, e follas…

Aquí na Psa Vigo, algún enchido dese espírito, desas prácticas represoras veuse arriba como a ghaseosa.. Onte as notas da CUT dos vestiarios, apareceron nas papelerías. E non é  a primeira vez que algún/a listillo/a, con mando ,se ven arriba e se dedica  a limpar os bancos das cafeteiras tratando de acalar o contido das nosas notas.

Que lles molestaba? A nota ou o que dicía?

A esas mesmas horas o Sr Director de recursos humanos e séquito  xunto con prevención fixeron un “tour de terrain” polos vestiarios , baños da E…

Algúns sindicatos i especialmente a CUT temos denunciado a falla de limpeza en ferraxe, a diminución de presuposto ,persoal e gamas de limpeza. Agora a “suciedade” de ferraxe vai ser das notas dos vestiarios?.

Agardamos que das fotos de recordo da súa visita sexan quen de apreciar o moho das duchas, as taquillas coas perchas rotas e sen limpar, os cheiros constantes no vestiario aéreo da 01, e dos baños en xeral que so se limpan a dúas quendas e teñen tres de uso.  En Psa Madrid sendo tamén do polo ibérico o ano pasado durante as vacación procedeuse a limpeza e desinfección interior das taquillas. E aquí? Aquí vostedes o consideran un gasto suprimible e non unha inversión en saúde. Non lles chama atención que cada vez sexan máis os traballadores/as que marchan para casa sen pasar polos vestiarios? Ou pensaban que lles gusta facer publicidade de Psa  coa roupa?

Despois de cinco meses e innumerables denuncias da CUT por fin visitaron o baño da E, coa súa tubeira rota vertendo ouriños a canaleta e as piletas atascadas, etc. Non era sen tempo. Animamos a que continúen impregnándose de espírito obreiro e visiten os aéreos de ferraxe.., as mesas das Ueps..

Varios meses levamos reclamado dialogo a Dirección e unha solución as múltiples problemáticas reais dos traballadores/as e dos seus postos. Lonxe de sentarse ao igual que o goberno español de dereitas so buscan a represión a liberdade de expresión como reposta. Que lles molestaba? A nota ou o que dicía?

Énchense o peito e a boca falando de melloras sociais para os traballadores/as, algún incluso tivo o atrevemento de autonomearse como o “primeiro sindicalista” porque da traballo.. Pero a realidade é que son incapaces de dar respostas e solucións a unha plantilla a que cada vez se lle exixe máis por menos cartos, namentres se enriquecen co seu suor.

Vdes non están a altura da clase e da dignidade de quen co seu esforzo e sacrifico aporta valor real e contable a esta empresa.