Esmaguemos o fascismo e o imperialismo

119

Varios colectivos e organizacións saímos hoxe ás rúas de Ourense  baixo o lema “Esmaguemos o fascismo e o imperialismo” como resposta ao auxe da ultradereita, o fascismo, e a escalada belicista que impera no mundo actual.

Como clase traballadora queremos amosar o noso rexeitamento a movementos que pretenden deshumanizar ás persoas migrantes, aqueles movementos que atacan a calquera que non encaixe no seu modelo de sociedade irreal, baseada no odio e na intolerancia.

Manifestámonos tamén en contra das intervencións militares da OTAN, así como de calquera forma de imperialismo, da xustificación de mortes e miseria en beneficio dos intereses económicos da clase dominante. 

Non podemos permitir a normalización de discursos que atenten contra a convivencia. Son un perigo para a humanidade.