Eses cartos son meus..

150

A orixe dos cartos?

A prima de lanzamento de vehículo era unha cantidade que  se cobraba en Francia por lanzamento de cada vehículo. En Vigo esa reclamación historia  conseguiuse anos máis tarde. Se cobraba por cada vehículo lanzado en Vigo. A diferencia de Francia onde  cobraban por cada vehículo que se lanzaba no grupo. O malestar social polas diferencias con Francia fixo que se reconsiderase e durante un tempo se pagasen en Vigo os lanzamentos do Grupo, (houbo un ano que se cobraron dous lanzamentos) Ante a previsión de varios lanzamentos de cara o futuro durante o mesmo ano, a dirección de Vigo no 2004 sempre tan innovadora, decidiu pagar unha cantidade fixa o ano independentemente dos lanzamentos, desta forma aforraba cartos no pago das primas de lanzamento, “inventándose” o (Premio por Complemento de Xubilación). E instaurou no Convenio Colectivo o “Complemento de Xubilación”.

Cando no 2004 a empresa “propuxo” dito concepto, e ante a petición dun sindicato esta aceptou que aqueles traballadores/as que o solicitaran expresamente, integraríaselle esa cantidade no seu complemento individual formando parte do seu salario.

“Premio por Complemento de Xubilación”. A empresa constituía un fondo ao seu nome mediante una póliza de Axa, onde o traballador era un mero beneficiario. Dato importante este. Ao ser a empresa a “Tomadora do seguro” ocultou aos beneficiarios/traballador as condicións pormenorizadas da póliza. O dono dos cartos, o traballador/a, non podía coñecer as cláusulas nin rescatar os cartos ao ser un mero beneficiario.

A cantidade ingresada no fondo levaba un complemento (agasallo) da empresa como incentivo.

Negociación Decembro 16

A empresa decide deixar de aportar cartos ao fondo dende 31/12/2016. Abre unha negociación para supostamente igualar as pagas de beneficios as do grupo, “Mellora do sistema de retribución variable”, e a cambio suprime a aportación de 197.41€/ano por traballador/a. Naquela negociación a empresa negaba que se puideran rescatar os fondos. Varias veces lles cambiou a denominación para liala mais, que si era un plan de pensións, que si era un fondo de pensións, que si era un plan de aforro, que si un sistema de xubilación…  A CUT documentou que si era posible o rescate dos cartos. A empresa conseguiu nos acordos o que pretendía, a eliminación do complemento de xubilación recollido en convenio e deixar de facer aportacións, conseguiu ademais que os 144€/traballador/a dos que os tiñan no Complemento Individual pasasen a ser un anticipo da futurible e posible paga de beneficios anual. Os traballadores/as perderon algo xa consolidado no seu salario ao converterse en parte da futura paga. Na acta nº4 da negociación, páx. 2, figuran un acordos, no punto 4 se di literalmente:

4- Conforme a lo tratado durante las reuniones de negociación de este Acuerdo, las partes convienen en que , en  los primeros meses de 2017, la Empresa lleve a cabo el rescate del fondo de jubilación consolidado hasta 31/12/2016, de manera que resulte posible, a elección de los/as participes, bien el abono en nómina de las cantidades que en concepto de aportaciones más sus correspondientes rendimientos pudiesen corresponder a cada una/uno de ellos ellas, bien su movilización hacia la nueva póliza colectiva que pudiese constituirse. A tal efecto en los primeros meses del año próximo y, en todo caso antes del abono de la prima variable correspondiente a 2016 que se paga en la nómina de marzo de 2017  la empresa se obliga a ofrecer a la plantilla las informaciones pertinentes en relación con la puesta en marcha de una póliza colectiva que permita a los/as trabajadores interesados voluntariamente, aportar su prima variable al sistema de previsión social complementario a la jubilación que pudiera establecerse a tal efecto.

E dicir, a empresa se compromete a rescatalos fondos, afirmaban que na nova póliza o /a traballador/a seria o titular da mesma e que se poderían facer novas aportacións.

Marzo 2017

Cando a empresa o tivo a ben, día 20, a pesares que dende a CUT xa tiñamos preguntado polo tema. Reuniu a mesa negociadora do Convenio Colectivo para a supresión do artigo 21 e a presentación en “powerpoint” das condicións para o rescate , dando un escaso marxe de 5 días aos donos dos cartos para decidir que facer con eles. E informar da penalización +/- 721€ que sufrirían os que optasen polo rescate dos seus cartos, ademais dos correspondentes  descontos na nómina. E xa volveu a mudar “ os conceptos”: so vai rescatar os cartos de quen o solicite, non se poden facer novas aportacións a ese fondo, a empresa vai a seguir sendo a “tomadora da póliza”, o traballador/a beneficiario e pasa a chamarse ”póliza de seguro colectivo de vida”..etc,etc..

Cuestións pendentes, sobre os cartos , o rescate…

Numero de traballadores cos cartos atrapados no fondo?

Os traballadores/as  que se marcharon de ERE? Os despedidos? Os que foron ao CTAG? Os que están de excedencia? Os xubilados? Os que obtiveron unha invalidez revisable? E tiñan cartos nese fondo. Que vai pasar con eses cartos? Quen se queda con eles Axa , Psa ou se evaporan?

Porque se penaliza dúas veces o rescate? Que di exactamente a póliza?

Ata o dia de onte ninguén cuestionou o desconto dos 721€, nin na reunión nin posteriormente nas octavillas. Na CUT levamos dende o primeiro día mostrando o noso desacordo cos prazos e a falla de transparencia da Dirección.

Xa conseguimos mais prazo para seguir estudando as complicadas cuestións que envolven este plan. Reiteramos a tódolos traballadores/as que os cartos son seus e son eles os que teñen que ter os coñecementos plenos dos inconvintes ou vantaxes do rescate dos cartos ou de continuar no fondo. Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale!!