Escrito ao Director de PSA Vigo de 20 outubro

452

No “briefing largo” que no día de onte, proxectase un vídeo facendo unha simulación dun accidente dun vehículo PSA que como consecuencia dun problema mecánico  provoca lesionados.

Non lle chega coa presión das cargas de traballo que agora tamén quere facer responsables aos traballadores/as dos accidentes?  Metendo máis presión psicolóxica a plantilla. Como se senten os traballadores cando comezan a xornada despois de ver ese vídeo, Sabeo vostede?. Impotentes! é a resposta.

Sr Puech, vde e a súa Directiva son os que organizan, os únicos responsables de “Cantidade e despois da Calidade, si se pode” e nesa orde. Son os que deciden que con menos traballadores/as se fagan máis coches incrementando o ritmo de traballo. Pretenden seguir cargando mais peso sobre a “espalda” dos/as traballadores/as?.

A supresión dos “sondeadores” de ferraxe a diminución das frecuencias de sondeo. A supresión de postos de calidade e de tempos para o control de pezas e aspecto. A supresión de efectivos reais nos postos.  A modificación dos postos de “andon” para que non se pare a fabricación ao tirar da corda. Os recortes en salarios e dereitos sociais son decisións dunha política empresarial que antepón os beneficios económicos por riba de todo o demais nunha vista cortoplacista de facer “cash”. Ou como di nesta nosa terra  “Pan para hoxe e fame para mañá”.

A maiores, pretende vostede que os traballadores se formen “learning boost” fora do seu horario laboral? Vía web. Si tanto lle preocupa concienciar aos traballadores/as, porque non se forman en horas de traballo? Utilicen os días de adecuación de xornada. Porque se inviste tanto no management de RU e cadros, e tampouco nunha clase obreira formada para as fábricas 4.0 que din están por vir?.

Punto aparte, no día Mundial do Cancro de Mama recibimos un correo interno,( que temos como organización sindical),ás 14.07 h, correo  institucional de apoio de Psa e información, onde presumen de apoiar a AECCC. Sr Director, nin unha palabra no briefing de onte sobre este tema. Sabe vde que a maioría dos traballadores/as do centro non dispoñen de correo de empresa?. Hai varias clases de traballadores/as para vde? Os que merecen estar informados e os que non?. Pouca sensibilidade dende o departamento correspondente. Algo que non nos sorprende, pero que non deixa de molestarnos