ESCRIBE A NH POLA READMISIÓN DE DAVID REI

129

O Hotel NH Obradoiro, baixo a Dirección do moañés Esteban Iglesias (foto) vén de despedir a David Rei, do departamento de mantemento, e responsábel da Sección Sindical da CUT no centro, cunha significada traxectoria en defensa dos dereitos sindicais e colectivos do conxunto dos traballadores e traballadoras do centro.Un despedimento que se executa ás portas dunhas eleccións sindicais co obxecto de xerar o pánico entre un cadro de persoal que malia a isto se ve máis unido do que nunca ao redor da defensa da readmisión do compañeiro. Comezan ao pé disto unha serie de asembleas no centro para adoptar decisións colectivas sobre este despedimento e a ruta a seguir pola súa readmisión. É por iso que entre outras accións que se porán en coñecemento público, a CUT solicita o voso apoio, e pídevos que lle escribades masivamente ao responsábel deste despedimento, o Director Esteban Iglesias.Escríbelles ao correo de dirección e.iglesias@nh-hotels.com ou interésate polo despedimento do noso compañeiro no teléfono 981.558.070 preguntando polo director.
Deixámosvos un modelo de comunicación:
D. Esteban Iglesias.Director do NH Obradoiro.Ao fío do despedimento do compañeiro David Rey Varela, do departamento de mantemento, e Secretario da Sección Sindical da CUT, encuberto baixo a escusa de “causas económicas” mais claramente antisindical e inserido nunha estratexia de persecución da Sección e do sindicato que el representa por parte do NH Obradoiro, sobrada e publicamente coñecida, quero manifestar o meu máis absoluto rexeitamento deste tipo de prácticas, e solicito de vostede, como máximo responsábel do centro, a súa inmediata readmisión coa reincorporación no seu posto de traballo garantíndolle todos os seus dereitos laborais e sindicais.Un saúdo cordial.Asinado: ____________________________________