Dende a CUT xa temos analizada a LOMCE, Lei da Wertgoña, que agora definitivamente o PP pon en vigor. Lembremos:
• Lei que favorece o Ensino privado: porque este pode seleccionar o seu alumnado; porque permite aumentar o tempo e os concertos coa privada; porque permite segregar por sexo; porque permite unha maior privatización da FP…• Lei ideoloxicamente fascista: porque preserva e aumenta a presenza do catolicismo; porque elimina materias elementais para analizar a realidade criticamente; porque é regresiva canto á igualdade entre homes e mulleres…• Lei españolizadora: porque nega a nosa realidade nacional; porque consagra a preminencia do castelán; porque reduce as xa mínimas competencias educativas transferidas á Comunidade autónoma, aumentando as do Estado…• Lei contraria á igualdade de oportunidades: porque introduce itinerarios en función do rendemento, sen ter en conta a realidade social e económica do alumnado; porque será un instrumento de creación de man de obra barata…• Lei que infravalora o traballo do profesorado: porque introduce avaliacións, revalidas, externas que non servirán para detectar necesidades senón para clasificar ao alumnado…• Lei que aumenta as ratios, que reduce apoios, que aumenta a xornada lectiva, que impón recortes en servizos… porque é unha lei que introduce a xestión empresarial nos centros en aras da competitividade…• Lei autoritaria: canto á elección da dirección dos centros, á selección do profesorado, á restricción de dereitos da Comunidade escolar…Todo isto é sabido, como é sabida a oposición á LOMCE de todos os sectores da Comunidade educativa, como son sabidas as xornadas de mobilización etc… Pero cómpre que a clase traballadora colla definitivamente nas súas mans a defensa do Ensino público que están a desmantelar e malvender, igual de necesario que defender a Sanidade pública e os Servizos sociais. Todo isto é noso, froito do noso esforzo e da nosa loita presente e histórica. Así, tamén, a esquerda, que poida chamarse así, e nun senso amplo, debería defender unitariamente os dereitos conquistados, neste caso o Ensino público, a non ser que tal esquerda non sexa máis que un fato de ineptos que miran para o seu embigo.