ENCONTROS VIRTUAIS CapitalVsVida: “O papel dos medios na crise”

40

Mañá mércores 8 de abril, ás 18 horas, buscade un oco para seguir en directo no perfil de facebook da CUT o segundo dos Encontros Virtuais CapitalVsVida. Desta vez, xuntamos a profesionais de medios de comunicación da Galiza para falar precisamente sobre o papel destes na crise.

A xornalista Alexandra Pacheco moderará este encontro no que participarán David Lombao, por Praza Pública, Pablo Santiago, por O Salto Galiza, Ana Viqueira, por Nós TV, Charo Lopes, por Novas da Galiza, e Xesús Piñeiro por Nós Diario.

Coa iniciativa dos #Encontros Virtuais pretendemos, en tempos de corentena e distanciamento físico, favorecer o debate, a escoita e a reflexión para poder preparármonos mellor para os tempos de loita que se aveciñan.

Vémonos este mércores ás seis da tarde no facebook.com/cutgaliza