Este venres 3 de abril, ás 18 horas da tarde, poderedes seguir en directo no perfil de facebook da CUT o que será o primeiro dos nosos Encontros Virtuais Capital vs Vida, unha iniciativa coa que pretendemos, en tempos de corentena e distanciamento físico, favorecer o debate, a escoita e a reflexión para poder preparármonos mellor para os tempos de loita que se aveciñan.
Inauguramos esta serie de encontros abordando a situación dos “Hospitais e residencias, unha crise de coidados”. Elena Martín, xornalista de O Salto Galiza, será quen modere a conversa que manterán as compañeiras Eli Dosil (enfermeira de urxencias do CHUS do sindicato Prosagap), Aurora Magán (do colectivo Enfermeiras en Loita), e Rosario Iglesias (CUT, traballadora dunha residencia privada).