ENCONTROS VIRTUAIS: “Autodefensa legal fronte ao estado de excepción”

67

Maña venres 17 de abril, como sempre ás 18h, en directo no perfil de facebook da CUT, continuamos cunha nova edición do ciclo #EncontrosVirtuais #CapitalVsVida. Desta volta falaremos de autodefensa legal fronte ao estado de excepción.

Participarán Sandra Garrido (A Sensu Contrario), Natxo Parra (Col·lectiu Ronda) e Erlantz Ibarrondo (avogado de Solidaridad Obrera e MMSS). Moderará David Soto, de Esculca.
Nos Encontros Virtuais CapitalVsVida colaboran O Salto Galiza, Novas da Galiza, Nós Televisión e Galiza Contrainfo

Vémonos este venres ás seis da tarde no facebook.com/cutgaliza.