Encontro Sindical Internacional: 13/14 febreiro, Cangas

210

Mañá mércores 13 de febreiro, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e tamén o xoves 14, de 10 a 14 horas, terá lugar en Cangas do Morrazo un Encontro Sindical Internacional ao que asistirán LAB, ESK e Steilas de Euskadi, SAT de Andalucía, FSOC de Canarias, CUT de Aragón, Intersindical Valenciá, IAC de Catalunya, CSI de Asturies, o Sindicato Ferroviario da Confederación e a CUT da Galiza.

Neste encontro abordarase o contexto socio-político e laboral e como afrontalo sindicalmente.