O pasado sábado 29 de marzo tivo lugar un novo encontro da Coordinadora da FSM dos Pobos en Vigo, coa asistencia do sindicato LAB do País Vasco, Intersindical Valenciana, IAC de Cataluña, , CSI de Asturies, CUT de Aragón, ESK do País Vasco, Intersindical Catalana e CUT de Galiza.
Na devandita xuntanza puxemos en común a situación da FSM e o seu papel na actual conxuntura, acordando darlle o valor preciso aos actos do seu 80 aniversario. Fixemos tamén un repaso polo contexto internacional e a necesidade de potenciar o papel do sindicato na loita contra a expansión do fascismo.
As conclusións do encontro foron, en liñas xerais, as seguintes:
- Somos sindicatos de clase de nacións sen estado que entendemos o mundo dende a cosmovisión dos pobos.
- A crise ecolóxica atravesa todos os conflitos políticos, sindicais e sociais. Precisamos unha transición eco-social xusta e feminista.
- Rexeitamos a política da UE encamiñada cara á guerra como elemento de subvención do capitalismo.
- A OTAN e a UE son inimigas da clase traballadora e avogamos pola súa disolución como única vía para construír unha sociedade xusta e pacífica.