EN PÉ A CUT MOCIDADE EN VIGO

154

Tras meses de traballo en boa parte das Unións Comarcais da CUT, na pasada manifestación do 1 de maio en Vigo, fixo a sua primeira aparición pública a Área da Mocidade da Central Unitaria de Traballadoras/es ou CUT-Mocidade. Unha área constituída para mellor afrontar e atender as necesidades, reivindicacións e loitas da mocidade galega da clase obreira.A comitiva da CUT-Mocidade xuntou a moitas mozas e mozos traballadores tras unha faixa co lema Traballo digno na nosa Terra, unha palabra de orde que resume á claras a loita dunha mocidade traballadora galega condeada mais dun 50% de desemprego, a contratos precarios e á emigración coma man de obra cualificada e barata aos estados centrais do capitalismo europeo.Na manifestación central do día do internacionalismo proletario, tamén se repartíu o primeiro número do voceiro da CUT-Mocidade, o Acorda! En próximo meses a área da mocidade abordará eidos tan importantes como a axitación e propaganda, a formación sindical de novos cadros e a moblilización.Adiante coa CUT-Mocidade!