En defensa das traballadoras de Protección de Menores en Galicia

177

A CUT segue en loita contra a precariedade establecida no V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores e para demandar un Convenio Autonómico que recolla as  necesidades das traballadoras deste sector de forma real e  que garanta o desenvolvemento das tarefas e funcións do persoal de forma responsable e protectora.

A intervención con menores en situación de desprotección e conflito social é un sector no que a vocación e a responsabilidade das persoas traballadoras van da man da precariedade, e cando falamos de precariedade referímonos a un amplo abano de situacións: salarios irrisorios, ratios de persoal que implican unha sobrecarga descomunal para poder cumprir co servizo, dispoñibilidade durante todos os días e horas do ano, dificultades na conciliación familiar, carga emocional e estrés como medio de vida, escaseza de medios, etc.  É unha función social de gran importancia porque os menores vulnerables precisan dunha atención axeitada con recursos abondo que non poden depender de orzamentos axustados sempre á baixa. Unha peza chave no sistema que desenvolve un papel fundamental na protección e benestar dos menores, dedicando tempo e esforzo cunha vocación xenuína por brindarlles un futuro mellor. Os menores teñen dereito a recibir unha atención socioeducativa digna, de calidade e por profesionais formadas.

Porén, afrontan condicións precarias e unha falta de recoñecemento que non está equiparada coa importancia do traballo. A responsabilidade das institución públicas e das patronais do sector é recoñecer o seu labor, garantir unhas condicións óptimas e dignas de traballo para que poidan coidar e atender pensando no que fan e non improvisando por falta de recursos. O V Convenio Colectivo Estatal de Reforma Xuvenil e Protección de Menores non recolle estas necesidades, mesmo as empeora ao establecer persoas traballadoras de primeira e segunda. Unhas, que traballen en entidades financiadas polas administración pública cuxos pregos saísen despois da publicación do convenio. E ás demais se lles CONXELARÁ TOTALMENTE O SALARIO ata a publicación duns pregos novos e sempre que a Xunta o queira pagar ata o 1 de Outubro de 2029.

Reclamamos da Xunta e da Patronal que apliquen a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a  discriminación que recolle o artigo 65 de xeito inmediato. Asímesmo defendemos a creación dun CONVENIO GALEGO para que as nosas condicións sexas acordes coas nosas particulares necesidades”

Reclamamos da Xunta e da Patronal que apliquen a suba económica por igual a todo o mundo eliminando a  discriminación que recolle o artigo 65 de xeito inmediato. Asímesmo defendemos a creación dun CONVENIO GALEGO para que as nosas condicións sexas acordes coas nosas particulares necesidades. Un convenio que teña a súa correspondencia cos orzamentos da Xunta de Galicia. 

Animamos a todas as profesionais do ámbito social a participar nas concentracións que se organizarán nos próximos meses. Tamén a contactar con nós para coordinarnos de cara a próximas convocatorias e accións que poida xurdir tanto deste coma doutros espazos.”

Animamos a todas as profesionais do ámbito social a participar nas concentracións que se organizarán nos próximos meses. Tamén a contactar con nós para coordinarnos de cara a próximas convocatorias e accións que poida xurdir tanto deste coma doutros espazos. 

A seguinte concentración será o xoves 30 de outubro, ás 10h en San Caetano (Santiago de Compostela). O noso benestar é fundamental para o benestar das nenas, nenos e mocidade para e con quen traballamos. 

En común temos os dereitos. En común temos a precariedade das condicións. En común temos a loita.

Agardámosvos!