En Copo… falou a asemblea

238

A CIG ven de sacar unha nota (des)informativa do convenio asinado en COPO e nós vémonos na obriga de contestar. Cando o que se escribe ven condicionado polo sectarismo e a falta de obxectividade córrese o risco de faltar á verdade, que ven sendo o mesmo que mentir, e tamén perder a perspectiva do contexto e da memoria, ambos os dous elementos fundamentais para facer análise construtiva. Ora ben, se o que se pretende é construír unha realidade ficticia ou unha proxección do que nos gustaría que fora, entón non falamos dunha análise, senón de realismo máxico. A nota da CIG debeu de ter esta última pretensión.

Deberiamos contextualizar os feitos e lembrar, en primeiro lugar, cal é a composición sindical de COPO. A CIG foi, historicamente, a referencia sindical maioritaria en COPO tendo nas súas mans a maioría sindical para decidir como tivese a ben. A CUT presentouse por vez primeira no ano 2015, obtendo 4 persoas delegadas das 9 que conforman o Comité; no ano 2019 a CUT obten 5 persoas delegadas e no ano 2023 de novo consegue a CUT 5 persoas delegadas quedando moi preto de conseguir a sexta, e só presentando, en todas as eleccións, candidatura no colexio de especialistas. Mentres, a CIG pasou de 5 a 4 e no 2023 a 3, entrando UGT no comité. Se facemos unha lectura destes resultados, como debería facer tamén a CIG, poderiamos concluír, sen necesidade dunha análise excesivamente complicada, que as persoas traballadoras de COPO foron deixando de confiar nesa central sindical para depositar a súa confianza na CUT. Resulta complicado entender que a CIG perdera a súa maioría absolutísima facendo tan ben as cousas como din mentres cada proceso electoral a CUT medra (ao contrario que a CIG) facendo tan mal as cousas. Este argumento semella que non respecta moito a decisión democrática das persoas traballadoras, incluso poderiamos pensar que hai bastante soberbia no mesmo.

Falando do apoio das traballadoras e traballadores habería que aclarar que a asemblea de votación do Convenio Colectivo aprobou a proposta co seguinte resultado:

Votos a favor de asinar o Convenio: 135 votos

Votos en contra de asinar o Convenio: 3 votos

Votos en branco: 1 voto

“Foi esta unha complexa negociación onde ninguén máis que a asemblea de traballadoras conseguiu eliminar cláusulas abusivas do Convenio que antigas maiorías sindicais da CIG meteron en detrimento dos dereitos de todos e todas.”


Foi esta unha complexa negociación onde ninguén máis que a asemblea de traballadoras conseguiu eliminar cláusulas abusivas do Convenio que antigas maiorías sindicais da CIG meteron en detrimento dos dereitos de todos e todas.Ninguén máis que a unidade das traballadoras foi quen de poñer á empresa contra as cordas, que chegaron a manifestar sentirse h
umillados tras os 15 puntos conseguidos pola CUT en avance dos dereitos de todas.

Pola contra, como todas sabemos e cada sindicato difundiu, é para nós unha mágoa que non todas as centrais con representatividade no centro estiveron dispostas a obedecer o mandato da asemblea de traballadoras a pesar de autodefinirse nas teorías como asemblearios e con conciencia de clase. A CIG permitiuse non negociar o Convenio dende o inicio, argumentando estar en contra do que a propia asemblea de traballadoras decidiu con anterioridade solicitando un aumento salarial LINEAL e igualitario para todas. Sindicato que pactou redución salarial do 5%, bolsa de horas, categoría escravista de entrada, etc. A CIG, neste Convenio entendeu que os responsables da empresa que boicotean folgas, que atacan diariamente as traballadoras, deberían ter máis aumento salarial que as traballadoras das liñas de produción, ben pode ser polo cargo empresarial dos seus delegados ou ben polos favores pendentes que o responsable de Industria poida ter coa dirección desta empresa. O que si solicitou a CIG ante a asemblea de traballadoras con anterioridade foi asinar 2 ERTES que asfixiaban á clase traballadora e por sorte a asemblea de traballadoras co único apoio da CUT decidiu NON asinar, ERTE que a CUT unicamente denunciou no xulgado. Cada persoa traballadora de Copo Ibérica ben sabe do que falamos. Iso si, a empresa aplicou tales expedientes de regulación con 0 días de afectación para o responsable de compras da empresa (delegado da CIG), a pesar de que a empresa fechou a fábrica ao 100% en diversos diast polas paradas abusivas e inxustificadas de Stellantis.

É unha mágoa que os de sempre nesta fábrica, en alianza coa empresa se permitan desmarcarse do que as traballadoras están solicitando aos seus representantes. Tamén o intentou a empresa neste Convenio tras a decisión da primeira asemblea na que decidiron as traballadoras facer respectar os seus dereitos como clase traballadora que fai funcionar a fábrica, pero a empresa corrixiu a súa decisión impositiva tras a convocatoria de folga solicitada tamén pola propia asemblea de traballadoras e convocada polo Comité de empresa de Copo Ibérica.

”Non é tolerábel dentro da representación sindical que un sindicato incumpra os seus propios estatutos, non é tolerábel que a representación sindical desobedeza ás persoas traballadoras”

Non é tolerábel dentro da representación sindical que un sindicato incumpra os seus propios estatutos, non é tolerábel que a representación sindical desobedeza ás persoas traballadoras, entendendo con iso que os sindicalistas de salón son máis intelixentes que a clase traballadora galega, sexa por favores pendentes coa dirección ou ben porque consideran pouco útiles as decisións da asemblea de traballadoras.

EN COPO IBÉRICA DECIDE A ASEMBLEA DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES!!!

Sección sindical CUT COPO