Emprego estable,
|
dime do que presumes…
Os datos sempre son interpretables, sobre todo si se conta ó que interesa. O que non se fala é da histórica perda de emprego indefinido, e sobre todo de 8 horas nesta fábrica, nin tampouco da precariedade dos empregos creados nestes anos.
Dende que temos capacidade de recompilar información do emprego (2004), estes son os datos:
2004 – 2022 | ||||
Contratos indefinidos a Tempo Completo (8 Horas) | -37% | |||
Contratos indefinidos a Tempo Parcial (4 Horas) | +13% |
2004 | 2022 | ||||
Plantilla a tempo parcial | 29% | 45% | |||
Plantilla Indefinida | 7.033 | 4.927 |
A evolución da plantilla indefinida a pesares da creación de mais quendas no centro, foi en descenso.
Xa eran o sindicato dominante cando modificaron xunto coa empresa o proceso evolutivo da plantilla.
No 2000 – 2001 rematou pasar a indefinido de 8h e comezaron os contratos a Tempo Parcial. Quen tiña a maioría sindical?.
De Tempo Parcial pasas a Tempo Completo con cláusula de variabilidade do 25%, onde “por necesidades da empresa” antes era o 70% por antigüidade e 30% a dedo, e agora é o 70% a dedo e 30% antigüidade. Quen tiña a maioría sindical?.
Veñen as eleccións e teñen que sacar peito do conseguido o sindicato maioritario, pero as cifras non enganan, aínda que agora fagan mais indefinidos ou novacións, a precariedade aumento neste centro igual que a produtividade. Por certo!, a empresa está integrando persoal de limpeza na nosa plantilla. (Dentro deses 100 contratos indefinidos están xa contemplados os da limpeza?.
A mesma cenoura sempre é utilizada previo a todas as eleccións sindicais, e despois do prometido…
Pódese presumir a maioría sindical “amarilla” da estabilidade no emprego?.
Despois de moitos anos de eventual, de moitos anos na noite (4h), despois de 15 anos traballando na fábrica, conseguir un contrato de 8h con cláusula de variabilidade do 25% é un éxito?. E veñen a vendelo como tal aqueles que asinaron todos eses retrocesos?. Iso si, tampouco esquecemos que tiveron outros sindicatos cómplices que agora se queixan do que antes asinaron xunto ao sindicato maioritario e contribuíron a empeorar as condicións das persoas traballadoras.
A importancia de escoller mediante o voto o 10 e 11 de outubro: Que sindicato queres que se sente a negociar diante da empresa? O sindicato que negocia antepoñendo as necesidades das persoas traballadoras ou os que só se preocupan das necesidades da empresa, e de quedar ben con ela?
|
|